ENTROIDO-SANTIAGO DE COMPOSTELA-
O Entroido é unha festa centenaria, profundamente galega e moi nosa. É celebración, é identidade, é vínculo e comunidade. É lembrar quen somos, de onde vimos e tamén cara onde queremos camiñar.
No obradoiro de Entroido convidámoste a vivir esta tradición dende dentro e dende fóra: poñendo caretas, xogando con identidades distintas á túa, coñecendo outras miradas e descubrindo, a través do xogo e da creación, quen somos e de onde vimos.
Un espazo para explorar, compartir e celebrar o Entroido como o que é: Galicia, identidade e unión a partes iguais.
Non perdas esta oportunidade. Únete ao obradoiro e vive o Entroido connosco. 🎭✨



